Nesta nova entrada (logo dunha tempada sen facer ningún post), imos a centrarnos e comentar a unidade didáctica O Camiño de Santiago, desenvolta durante estas semanas anteriores con todo o alumnado da nosa escola. É certo que pode resultar incomprensible ou mesmo un pouco raro levar a cabo unha serie de actividades, exercicios e tarefas sobre esta temática, dado que non adoita ser moi habitual nas escolas abordar datos básicos sobre O Camiño de Santiago. Pero o motivo fundamental da súa posta en práctica é que este enclave transcorre pola nosa vila, por Sarria e, polo tanto, non é algo illado do día a día dos máis cativos/as. Os peregrinos, os seus símbolos e sinais, os albergues ..., é dicir, todos os seus aspectos principais e importantes, son maioritariamente comúns e coñecidos por todos os alumnos/as.
Entón, algunhas actividades desenvoltas foron as seguintes:
1. Asamblea inicial para saber dos coñecementos previos dos nenos e nenas sobre O Camiño de Santiago. Para iso, todos os cativos/as se reuniron no recuncho da asamblea e todas as ideas, opinións e puntos de vista foron recollidas e anotadas para ter en conta á hora de poñer en práctica para as actividades vindeiras.
2. As diferenzas entre o peregrino antigo e actual: Nesta nova actividade e outra vez no recuncho da asamblea, o alumnado analizou dúas imaxes diferentes, unha do peregrino antigo, coa súa vestimenta característica, e outra fotografía, máis recente, das roupas do viaxeiro actual. O obxectivo deste exercicio é que os nenos e nenas entendan de que a peregrinación a Santiago leva facéndose dende tempos verdadeiramente antigos e que os obxectos, elementos e vestimentas dos peregrinos, co paso do tempo, cambiaron en gran medida.
| Peregrino antigo |
| Peregrino actual |
3. O noso peregrino: Valéndonos de cartolinas de cores marrón escuro, claro e azul, todos os alumnos/as realizaron o seu propio peregrino. A manualidade gustou moito a todos/as e mesmo cada viaxeiro tiña o seu propio nome, por suposto elixido por cada cativo/a.
4. Normas do bo peregrino: Logo de aprender aspectos sobre o que os peregrinos deben saber e facer durante o seu viaxe a Santiago de Compostela, en dous folios todo o alumnado reflexiou sobre qué fazañas podían ou non desenvolver. Por exemplo, tirar lixo ou durmir máis dunha noite nun albergue, correspóndense con accións erróneas pero, contrariamente, coidar a natureza ou respectar as sinais, trátanse de actos favorables e que deben incorporarse nas normas positivas. Por suposto, as tarxetas nas que están escritas as normas, ao estar plastificadas, débenselles recortar as esquinas para que os máis cativos/as non sufran ningún tipo de dano polas súas puntas afiladas e serán facilmente colocadas no folio e espazo axeitado se no seu reverso se pega glutá, un tipo de cola sólida moi empregada nas escolas.
| As normas do bo peregrino |
| Máis normas negativas |
| Máis normas positivas |
5. As etapas de O Camiño de Santiago: Para saber máis sobre a peregrinación, repasamos cales son as vilas ou pobos máis destacables do camiño na nosa comunidade e cales son os seus monumentos ou enclaves principais. Por exemplo, en O Cebreiro, as súas pallozas, ou en Palas de Rei, o castelo de Pambre. Entón, o exercicio consistíu, unha vez traballado en profundidade estes aspectos, en facer unha asociación entre a etapa (escrita nunha tarxeta), o seu número e a imaxe do elemento característico.
6. Qué necesita o peregrino na mochila?: No recuncho da asamblea e valéndonos dos obxectos típicos que todo peregrino leva consigo na súa mochila, ensinamos e recoñecemos moitos deles que os máis cativos/as nomearon. Por exemplo, un chuvasqueiro, un mapa das etapas do camiño, unha cantimplora, unha brúxula, un diccionario (no caso de que o peregrino sexa estranxeiro ou descoñeza os nosos idiomas) ...
7. Bingo de símbolos: Actividade que servíu para que todo o alumnado, a través dun xogo divertido e sinxelo, coñecese e recoñecese os símbolos propios de O Camiño de Santiago. Nel presentábanse oito imaxes de elementos destacables como o gorro do peregrino, o seu bastón, a cabaza, a sinal de albergue, a cuncha, a sinal de dirección, a frecha amarela e a cruz vermella. O transcurso da actividade consistiu en que un neno/a, aleatoriamente, presentaba as fotografías de unha en unha e os demais, valéndose de anacos pequenos de plastilina e en tarxetas previamente elaborada e que contiñan catro símbolos distintos, debían tapar aquelas imaxes presentadas ata facer bingo.
| Imaxes dos simbolos cos seus correspondentes nomes |
| Imaxes dos símbolos coas tarxetas do xogo |
| Tarxetas do xogo Bingo de símbolos de O Camiño de Santiago |
8. Encrucillado de O Camiño de Santiago: Os alumnos/as debían cubrir un encrucillado ata conseguir a palabra en vertical PEREGRINO (en rosa)
| Encrucillado |
| Encrucillado |
9. A catedral: Despois de observar na rede diversas imaxes da catedral de Santiago de Compostela, os nenos/as, en pequenos grupos, debían reproducir esta antiga edificación valéndose de materiais de construcción presentes na aula. Logo, unha vez feitas, fíxose unha votación democática entre o alumando sobre cal lles pareceu a "catedral" máis parecida á verdadeira.
10. Saída pola etapa de Sarria: Xa que temos o camiño moi preto da nosa escola, fixemos unha saída pola etapa de Sarria, concretamente dende o km. 111 ata o km. 113, situado no Mosteiro da Magdalena, o monumento máis elevado de toda a vila. Durante toda esta visita puidemos ver diversos símbolos propios como frechas amarelas, itos, sinais de albergues e mesmo charlar con tres peregrinos, dous irmáns aragoneses e un portugués, que nos saudaron moi amigablemente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario