O pasado 28 de febreiro, no Salón de Teatro de Santiago de Compostela, presentouse a película-documental "Unitarias. Historia dun mestre galego", baseada na vida e vivencias do docente Alberto Sacido. O vídeo descríbenos, a través das palabras e vivencias deste profesional, cómo a escola unitaria e todo o relacionado con ela, foi paulatinamente cambiando, axudando nesta modificación as diversas reformas acontecidas en materia educativa.
Polo tanto, coido que é un interesante documento a ter en conta e que nos pode axudar en gran medida a mellorar a nosa visión do mundo rural e a súa educación. O trailer do documental é o seguinte:
Como se di no vídeo, a partir da década dos 60 e 70, a nosa comunidade comezou a experimentar un gran número de cambios a nivel educativo (o caso das concentracións escolares) que fixeron que, pouco a pouco, as unitarias galegas foran perdendo a súa influencia. Isto era verdadeiramente necesario? Era preciso o peche masivo de escolas unitarias deixando ó rural desprovisto dunha das súas grandes características? A educación en contextos rurais non pode ser enriquecedora e de calidade como a formulada en áreas urbanas? Qué as diferenza?
Non semella sinxelo responder a estas e a moitas outras cuestións parecidas, pero o certo é que, segundo o documental e os diversos informes que a Xunta formula ao final de cada curso, as poucass unitarias que continúan a estar "vivas", paulatinamente desaparecerán co paso do tempo. Polo tanto, podemos facer algo os docentes? E, o máis complexo, cómo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario