Este blog educativo nace coa finalidade de dar a coñecer o necesario que poden a chegar a ser as novas tecnoloxías da información e comunicación para dar a coñecer e recoñecer a labor levada a cabo en escolas de contextos rurais. A creación desta bitácora correspóndese coa parte práctica dun traballo de fin de grado (TFG), centrada na unitaria ficticia "Céltigos" e cuxa intención é demostrar que os centros rurais non teñen porque quedar no olvido se nos valemos das TIC
Continuando co programa que iniciamos para difundir e promocionar a escola e a educación que se imparte no noso centro, este é o segundo vídeo que subimos á famosa comunidade de Youtube. Nel pode visualizarse un breve documental cunha pequena descripción da unitaria Céltigos e tamén unha explicación sobre qué características das TIC e mais dos centros escolares, incluíndo aquí tamén os rurais, son compartidas por ambos eidos.
Polo tanto, este é o enlace de Youtube https://www.youtube.com/watch?v=HqyXKhzzF2Y
No seguinte vídeo, de elaboración propia e contando coa axuda de programas como Windows Movie Maker e Audacity ou da base da datos de imaxes Google Imaxes, podemos escoitar cales son as principais e máis fundamentais características das escolas rurais (unitarias e CRA). Ademais, tamén podemos observar cómo as TIC (neste caso, Youtube e máis concretamente esta bitácora) poden axudar a difundir e promocionar este tipo de educación tan especial.
Polo tanto, deixo nesta nova entrada o documental e espero que vos guste.
Na rede podédelo atopar no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=DaY2pFUNcyU
A escola unitaria Céltigos está verdadeiramente involucrada coas novas tecnoloxías da información e comunicación, e dado que supoñen un interesante recurso para facer ver e demostrar o que se fai nun centro destas características, tamén temos a nosa propia revista dixital, denominada Ruralidade e TIC, mundos tan diferentes?
Para a súa elaboración, valémonos da ferramenta informática ISSUU, de fácil manexo e que garante uns resultados realmente satisfactorios. O enlace correspondente á publicación é o seguinte: http://issuu.com/laralence/docs/revista_dixital
Polo tanto e para os que lles resulte máis sinxelo botarlle unha ollada á revista dende este blog educativo, velaquí vos presento o documento íntegro, o cal se divide en tres partes: as actividades que fai o alumnado da escola, documentación destacable para docentes e, por último, artigos que poden resultar interesantes de ler e recomendables para todos os públicos.
Este vídeo que a continuación se presenta neste novo post, explica de forma facilmente comprensible para todos, profesionais ou non da materia, como foi desenvolver o cloud computing nas escolas unitarias que forman o CRA (Colexio Rural Agrupado) de Boqueixón-Vedra (A Coruña).
A través de divertidas imaxes que actúan de complemento á explicación dos propios docentes, comentan como se desenvolveu a instalación do sistema operativo cloud, baseado en software de código aberto EyeOs, e, por suposto, adaptadoo ás peculiaridades e múltiples características tanto dos centros como da zona. Deste xeito, naceu unha nube común de comunicación, interacción e relación entre todos os alumnos e alumnas das diversas escolas que forman o CRA e mais o profesorado.
A seguinte película que se presenta neste post, dirixida polo cineasta francés Nicolás Philibert, mostra como é a realidade diaria dunha escola unitaria de Francia de man do docente Georges Lopez. O documental reflexa, ao longo de todo un curso escolar, cómo é a proximidade do mestre de centros rurais co seu alumnado e coas familias do mesmo. Polo tanto, espero que vos guste e que vos faga reflexionar e opinar sobre o interesante que é a educación en contextos rurais, engadindo a isto as súas peculiaridades e características.
Os datos datos básicos do filme son os seguintes: Título: Ser y tener; en francés, Être et avoir Ano: 2002 País: Francia Director: Nicolás Philibert Música: Phillippe Hersant Xénero: Documental
O pasado 28 de febreiro, no Salón de Teatro de Santiago de Compostela, presentouse a película-documental "Unitarias. Historia dun mestre galego", baseada na vida e vivencias do docente Alberto Sacido. O vídeo descríbenos, a través das palabras e vivencias deste profesional, cómo a escola unitaria e todo o relacionado con ela, foi paulatinamente cambiando, axudando nesta modificación as diversas reformas acontecidas en materia educativa.
Polo tanto, coido que é un interesante documento a ter en conta e que nos pode axudar en gran medida a mellorar a nosa visión do mundo rural e a súa educación. O trailer do documental é o seguinte:
Como se di no vídeo, a partir da década dos 60 e 70, a nosa comunidade comezou a experimentar un gran número de cambios a nivel educativo (o caso das concentracións escolares) que fixeron que, pouco a pouco, as unitarias galegas foran perdendo a súa influencia. Isto era verdadeiramente necesario? Era preciso o peche masivo de escolas unitarias deixando ó rural desprovisto dunha das súas grandes características? A educación en contextos rurais non pode ser enriquecedora e de calidade como a formulada en áreas urbanas? Qué as diferenza?
Non semella sinxelo responder a estas e a moitas outras cuestións parecidas, pero o certo é que, segundo o documental e os diversos informes que a Xunta formula ao final de cada curso, as poucass unitarias que continúan a estar "vivas", paulatinamente desaparecerán co paso do tempo. Polo tanto, podemos facer algo os docentes? E, o máis complexo, cómo?
A continuación, ofrezo un vídeo-documental sobre cales son as principais vantaxes dunha educación en contexto rurais e de cómo unha aprendizaxe nesta clase de enclaves pode supoñer óptimos resultados tanto na educación como no benestar dos máis cativos.
Polo tanto, os protagonistas do vídeo, denominado La escuela rural, extraído do programa de La 2, Para todas La 2, son diversos mestres e mestras cuxa formación está directamente relacionada coa temática. Nun debate perfectamente organizado, explican, de primeira man e segundo as súas vivencias e experiencias, de qué maneira a educación rural pode ser beneficiosa para a educación.
Deste xeito, estamos ante a extinción da escola rural ou os novos cambios en materia de educación poden supoñer unha auténtica renovación desta institución?